1/18/2008

A frustrada entrada de Caixa Galicia en ENCE



A entrada de Caixa Galicia foi respondida pola sociedade galega de formas diversas. Mentres a APDR iniciaba unha campaña dirixida a desacreditar esta entidade diante da sua clientela, Erva chamaba á participación en concentracións de protesta diante da sua sucursal principal en Compostela. En ambos casos o obxectivo procurado era detacar a cumplicidade da Caixa Galicia na destrución do património forestal galego se seguía a participar en ENCE. Meses despois destas campañas e da explosión dun artefacto na sucursal central compostelana, José Luis Méndez anunciaba que Caixa Galicia abandonaba a sua aposta en ENCE.

Práticas silvícolas intensivas degradan os montes e perpetúan a eucaliptización






O modelo silvícola intensivo que NORFOR, filial forestal de ENCE, está a desenvolver en numerosos montes do país supón unha progresiva degradación dos recursos edáficos (a calidade do solo para o crecimento de árvores), pola sucesión de distintos turnos de crecimento de eucaliptos, pero tamén unha degradación acelerada pola execución de grandes subsolados e movimentos masivos de terra. Estes labores, que se executan despois da corta dunha parcela, propician a erosión e incluso a afección de cursos fluviais polo arrastre de terra e pedras tras episódios de grandes precipitacións. Para mostra, o acontecido en dous prédios de Norfor, Coto Muiño e O Vachao. Neste último, a enxurrada de terra e pedras foi dar ao rio Tambre.

A entrada en acción do Gonitero fai fracasar ao eucalipto como alternativa económica para os nosos montes





A presenza masiva dun gurgullo defoliador chegado á Galiza desde as antípodas, o Gonipterus acutellatus, coñecido xa popularmente como "o gonitero", está a ralentizar o crecimento dos eucaliptos en miles de hectareas de plantíos espallados por todo o país. Nen a luita biolóxica, nen a química, nen a "integrada", logran frear os efectos devastadores alí onde se propaga unha povoación deste insecto. Algúns proprietários están xa desfacendo-se de plantíos afectados que, tras 7 ou 8 anos de crecimento, non parecen recuperar-se tras os tratamentos e seguen sen medrar (a própria NORFOR esta-o facendo nalgún dos seus prédios). Un factor máis, pois, para reconsiderar o eucalipto como alternativa silvícola nos nosos montes.

1/16/2008

A arca da Piosa segue arrodeada pola eucaliptose

A pesar de existir un convénio entre a Xunta e ENCE-NORFOR, para a conservación do património megalítico, no prédio de Coto Muiño seguen a medrar os eucaliptos ao redor dun dos mellores dolmens da nosa terra. Unha proba máis do desprezo co que a filial forestal de ENCE trata a nosa cultura, da que forma parte fundamental a paisaxe.

NORFOR, filial de ENCE, envenena os montes




A aplicación masiva e indiscriminada de herbicidas

(glifosato) nos plantíos de eucalipto ten sido denunciada reiteradamente. Ás veces estas aplicacións fan-se descontroladamente, afectando cursos de agua, como o acontece frecuentemente no prédio Coto Muiño, en Zas-Vimianzo.

solidariedade galega contra ence no uruguai

No seu dia, unha representación do ecoloxismo galego se concentrou diante do consulado do Uruguai en Vigo para mostrar o rexeitamento ao proceso expansivo de ENCE neste país, que xa leva uns anos a padecer o modelo espoliador forestalista e industrial que promoven as celulosas.

a economia perversa das celulosas

A posta no mercado de centos de miles de toneladas de madeira queimada non é un facto novo que acontecese por primeira vez a raíz dos lumes de 2006. Xa no 2005, cando Fraga perdeu as eleicións, os incéndios padecidos deron paso á maquinária extractiva, que se calcula que retirou en menos de 9 meses máis de 700.000 toneladas de madeira queimada de eucalipto. Este sistema, que ven existindo na Galiza e en Portugal desde hai decénios, forma parte do sistema operativo deses enxendros chamados fábricas de celulosa. Cando os prezos da celulosa caen no mercado internacional debido a que éste se satura ao teren entrado en produción novas factorías en mercados afastados (Sudamérica, sudeste asiático, etc.), as empresas que poden sufrir maiores perdas son as que non dispoñen das matérias primas aos prezos máis económicos, por exemplo as celulosas de Portugal e a ENCE. Xestionar ben os stocks de madeira nos parques de armacenaxe é fundamental para poder pasar o trance da caída de prezos da mellor maneira posível. Algo así como a parábola da chicharra e a formiga..., xa se sabe, a primeira acumula nos bos tempos, para poder pasar a gusto os maos tempos.